Folla de Ruta

O plan de traballo estrutúrase nun horizonte trienal (2026-2028) dividido polas seguintes fases e obxectivos cuantificables:

Fases de Implantación

Fase I (2026 - Posta en Marcha)

Constitución da Oficina Técnica, activación do Consello Estratéxico e do Comité de Dirección, mapeo económico e apertura da primeira convocatoria de proxectos.

Fase II (2027 - Consolidación)

Creación do primeiro Foro de Inversión, primeiras operacións do Vehículo de Inversión e despregamento intensivo do Plan Territorial de Vivenda.

Fase III (2028 - Escalado e Replicabilidade)

Consolidación do ecosistema, ampliación da inversión movilizada e posicionamento do Xeoparque como modelo de innovación territorial en Galicia.

Metas Acumuladas (2026-2028)

50 iniciativas e proxectos analizados.

10 proxectos de negocio estruturados e listos para o mercado.

8 empresas novas creadas ou aceleradas.

6.000.000 € de inversión privada movilizada

Máis de 1.500.000 € en axudas e recursos públicos captados.

Activación dun plan de vivenda e inmobles en desuso para novos poboadores e traballadores.